O Xeoparque Montañas do Courel organiza unha visita comentada ao túnel de Montefurado

RibeiraSacraXa
Será este sábado, 14 de decembro, e contará coa participación do arqueólogo Luis López
Montefurado
Montefurado, imaxe do Xeoparque Montañas do Courel
12 Dec 2024

O Xeoparque Montañas do Courel organiza este sábado, 14 de decembro, unha visita comentada ao túnel romano de Montefurado. Será unha das últimas activades do ano organizadas dende o Xeoparque na que as persoas participantes poderán coñecer a importancia que tivo a extracción de ouro nesta zona durante a época romana.

A visita, titulada ‘Túnel de Montefurado: acondicionamento e consolidación do miradoiro’, contará coa participación do arqueólogo Luis López, que será o encargado de facer de relator.

A actividade é de carácter gratuíto e non será preciso inscribirse nela para participar. O punto de encontro será o cruce de acceso aos Covallos (Quiroga), ás 11.00 horas da mañá.

⚙ Configurar cookies
0.12462282180786