O Xeoparque Montañas do Courel organiza unha visita a Monte Cido

O Xeoparque Montañas do Courel organiza este domingo, 3 de novembro, unha visita comentada a Monte Cido, “unha oportunidade magnífica de coñercer o que se está a facer no emblemático Monte Cido cunha visita comentada a súa escavación e consolidación arqueolóxica”, explican desde a organización.
O punto de encontro para os asistentes será o desvío da estrada principal cara ao Monte Cido e non é necesario inscribirse para poder participar.