O Xeoparque Montañas do Courel organiza unha excursión á Turexpo Galicia en Silleda

RibeiraSacraXa
O concelleiro de promoción económica, Vicente Parra, anima aos veciños a inscribirse canto antes
Xeoparque-do-Courel
19 Maio 2024

O Xeoparque Montañas do Courel, dentro da Semana dos Xeoparques Europeos, organiza diversas actividades. Unha delas na que tamén colabora a área de promoción económica do Concello de Quiroga é unha excursión a Turexpo Galicia en Silleda.

A excursión levarase a cabo o día 31 de maio, saíndo de Quiroga ás nove da mañá. O transporte e a entrada á feira son gratis polo que os participante soamente terán que pagar o xantar.

O concelleiro de promoción económica, Vicente Parra, anima aos veciños a inscribirse canto antes na casa da cultura posto que soamente haberá dispoñibles 16 prazas para cada un dos concellos que forman parte do xeoparque.

0.097490072250366