O Xeoparque Montañas do Courel organiza a II Festa Empresarios e Comerciantes en Ribas de Sil
O Xeoparque Montañas do Courel organiza a segunda Festa de Empresarios e Comerciantes o vindeiro 25 de maio na praza maior de Ribas de Sil.
Durante esta festa, haberá diferentes actividades, que comezarán por unha charla ás 16.00 horas sobre o Xeoparque e a actividade empresarial. Tamén haberá un campionato de chave, cuxas inscricións comezarán a partir das 16.00 horas na praza e haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados. Ademais, os máis peques tamén terán a oportunidade de participar nuns xogos populares a partir das 17.00 horas.
Por outra banda, ás 19.00 horas haberá unha cata de aromas e ás 20.00 horas unha cata de viños. E ás 21.00 horas terá lugar a pancetada e biscoito gratis. Durante todo o día tamén haberá actuacións musicais, da man de Julio Ferrín e Michel.