O Xeoparque Montañas do Courel fai público o seu programa anual de actividades

RibeiraSacraXa
Entre as actividades máis destacadas está a Mostra do aceite de Quiroga, a Feira do viño de Quiroga, ou a Festa da Castaña do Courel, así como un gran número de rutas e actividades culturais
Ruta da Cubela, Xeoparque Montañas do Courel
Ruta da Cubela, Xeoparque Montañas do Courel
8 Feb 2025

O Xeoparque Montañas do Courel vén de facer público o programa de actividades que levará a cabo en 2025 e que contan coa colaboración da Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia e os concellos de Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil.

Entre as actividades máis destacadas está a XXV Mostra do aceite de Quiroga, a XLIII Feira do viño de Quiroga, a XXXVII Festa da Castaña do Courel e un gran número de rutas e actividades para poñer en valor a contorna do Xeoparque.

FEBREIRO

  • Martes 11: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
    “O meu primeiro Xeolóxica” (En colaboración coa comunidade educativa do Xeoparque).
    Aldea Paleozóica de Seceda.

MARZO

  • Venres 14 - Domingo 16: Visita da Real Sociedade Española de Historia Natural.
  • Sábado 29 - Domingo 30: Os sabores das nosas rochas: XXV Mostra do aceite de Quiroga eII Congreso arredor do aceite de Quiroga.

ABRIL

  • Sábado 5 - Domingo 6: II Xornadas “Ouro e romanos nas Montañas do Courel”.
    Estación científica de Seoane.
  • Sábado 5: Xornada monográfica “Xeoloxía de covas, claves para a exploración”.
    Federación Galega de Espeleoloxía.

XeoBios de Semana Santa:

  • Luns 14: Ruta das Aldeas Paleozóicas, Paderne, Cereixa e Moreda.
  • Martes 15: Ruta das fervenzas de O Courel.
  • Mércores 16: Ruta dos Petroglifos de Louzarela.
  • Xoves 17: Roteiro dos xacementos de fósiles.
  • Sábado 26 - Domingo 27: Os sabores das nosas rochas:
    XLIII Feira do viño de Quiroga.

MAIO

  • Sábado 10: Xeoloxía da Provincia de Lugo.
  • Sábado 17: Xeoruta dos Suxos: Folgoso-Seceda.
  • Domingo 18: Día Internacional dos Museos: Portas abertas nos Museos do Xeoparque.

Semana dos Xeoparques Europeos (23 de maio ao 8 de xuño):

  • Venres 23: V Xeopicaros, xuntanza de toda a comunidade educativa do Xeoparque.
  • Sábado 24: Visita ás covas do Xeoparque, Cova da Cécra (Noceda).
  • Domingo 25: Ruta polas reservas de orquídeas:
    “Tesouros botánicos no Xeoparque”.
  • Sábado 31: Xeoruta en Peites: “Mil historias de ouro, igrexas e aceites”.

XUÑO

  • Domingo 1: Bautismo de barranquismo.
  • Sábado 7 - Domingo 8: Os sabores das nosas rochas:
    XXI Festa da cereixa, o viño e o aceite de Ribas de Sil.
  • Domingo 8: Día Mundial dos Océanos. Ruta polos océanos paleozóicos do Xeoparque

XULLO

  • Domingo 6: Xeoruta do Val de Forgas (A Seara).

AGOSTO

  • Domingo 10: Os sabores das nosas rochas: XXXIV Mostra do mel de Quiroga.

SETEMBRO

  • Sábado 27: Xornada: “Movementos xeolóxicos recentes na Cunca de Quiroga e San Clodio”.

 

OUTUBRO

  • Sábado 3 - Domingo 5: XIII Xornadas Científicas da Sociedade Española de Espeleoloxía e Ciencias do Karst.
  • Sábado 11: Xeoruta “Xeoloxía baixo a Devesa da Rogueira”.
  • Sábado 25 - Domingo 26: Reunión da Comisión de GeoArqueoloxía da Sociedade Xeolóxica de España.

NOVEMBRO

  • Sábado 8: Os sabores das nosas rochas: XXXVII Festa da Castaña do Courel.
  • Sábado 8: Xeoruta do Ferro I:“Da mina á ferrería”.
  • Sábado 22: Xeoruta do Ferro II:“Pontes de ferro e pasos de viño”.
0.17458486557007