O Xeoparque Montañas do Courel é o protagonista dun campamento de verán

RibeiraSacraXa
Os rapaces e rapazas fomentarán a súa aprendizaxe sobre este lugar a través dun conxunto de actividades
campamento-Xeoparque-Montañas-do-Courel
3 Jul 2024

25 rapaces e rapazas xa están desfrutando do Xeocampamento nas Montañas do Courel que se desenvolverá durante 5 días no Xeoparque Mundial UNESCO.

Así, estes pequenos fomentarán a súa aprendizaxe sobre este lugar a través dun conxunto de actividades, talleres e visitas polo territorio: bateo de ouro, visita aos vales glaciares, noite nunha cabana, na procura de fósiles na aldea Paleozoica de Seceda, elaboración de pan en forno tradicional, exploración de cova, visita centros interpretación e, estando en período estival, un singular baño nalgunha das fervenzas destas Montañas.

Desde o Xeoparque Montañas do Courel agradecen ao programa 'Coñece Galicia', posto en marcha pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia por promover esta iniciativa.

0.18043398857117