O Xeoparque Montañas do Courel consolidouse en Fitur como exemplo de sustentabilidade turística
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou hoxe en Fitur na presentación da proposta O Xeoparque Montañas do Courel presentou este venres en Fitur a súa proposta ‘La fuerza de la Tierra’, organizada polo órgano xestor deste espazo no expositor da Rede Española de Xeoparques Mundiais.
No evento estivo presente o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, que destacou as posibilidades da zona “como referente dun modelo turístico sostible que sorprende aos visitantes en calquera época do ano”. Afirmou que “a riqueza xeolóxica e o altísimo valor natural que alberga” serven como elemento diferenciador da súa oferta turística, polo que se trata dun escenario idóneo para potenciar o turismo de natureza.
O delegado tamén resaltou que o Xeoparque Montañas do Courel “é un exemplo vivo da aposta pola educación ambiental”, promovendo actividades didácticas “para que as novas xeracións coñezan esta contorna e tomen conciencia da necesidade de protexela e conservala”.
Así mesmo, afirmou que a Xunta seguirá mantendo unha estreita colaboración co órgano xestor do Xeoparque para impulsar proxectos que contribúan a poñer en valor este enclave.