O Xeoparque Montañas do Courel conmemorará o Día Mundial das Montañas cunha charla sobre a Sima das Aradelas

RibeiraSacraXa
O equipo espeleolóxico Aradelas 2024 contará como foi o descubrimento de dous novos quilómetros de galerías, pozos e un lago de augas turquesa, na sima máis profunda de Galicia
webinar-sima-das-aradelas
10 Dec 2024

Este mércores, 11 de decembro, con motivo do Día Internacional da Montañas, o Xeoparque Montañas do Courel organiza un Webinar para coñecer máis a fondo a Sima das Aradelas.

Titulada ‘A Sima das Aradelas ao descuberto’, a conferencia contará coa participación do equipo espeleolóxico Aradelas 2024, que contará como foi o descubrimento de dous novos quilómetros de galerías, pozos e un lago de augas turquesa, na sima máis profunda de Galicia.

O seminario online comezará ás 19.30 horas coa presentación da actividade a cargo de Roberto Castro, presidente do Xeoparque Montañas do Courel, e Gonzalo Villarmea, presidente da Federación Galega de Espeleoloxía. A charla arrancará ás 19.45 horas, a cargo do equipo espeleolóxico Aradelas 2024.

⚙ Configurar cookies
0.21312808990479