O Xeoparque Montañas do Courel acolle actividades para rapaces e rapazas de Galicia

RibeiraSacraXa
Un grupo de 20 rapaces e rapazas participan esta semana no III Xeocampamento Montañas do Courel que organiza o Xeoparque Montañas do Courel este ano da man do departamento de Xuventude da Xunta de Galicia e o programa Coñece Galicia.
campamento xeoparque do Courel
31 Ago 2023

Un grupo de 20 rapaces e rapazas participan esta semana no III Xeocampamento Montañas do Courel que organiza o Xeoparque Montañas do Courel este ano da man do departamento de Xuventude da Xunta de Galicia e o programa Coñece Galicia.

Dous dos seis centros de interpretación cos que conta o Xeoparque, o museo de Xeoloxía e o museo etnográfico en Quiroga foron as primeiras visitas destes rapaces con ganas de aprender.

Ademais, tamén tiveron oportunidade de coñecer e visitar a Cova da Buraca das Choias, e a aldea Paleozoica da Seara, así como desfrutaron de dúas zonas de baño: a praia fluvial de San Clodio e a Fervenza de Vieiros.

0.16482710838318