O Xeoparque do Courel acolleu unha unha xornada da Sociedade Española de Historia Natural

RibeiraSacraXa
Máis de 30 persoas participaron nesta conferencias sobre a fauna e a xeoloxía do territorio levadas a cabo en Ribas e Sil
xornada-xeoparque
Xornada da Sociedade Española de Historia Natural no Xeoparque
17 Mar 2025

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, participou este domingo nunha xornada aberta ao público e organizada pola Real Sociedade Española de Historia Natural (RSEHN), que se celebrou na Casa do Concello de Ribas de Sil. O Deputado deu a benvida á provincia aos máis de 30 participantes, que teñen por diante conferencias e charlas sobre a fauna e a xeoloxía do territorio, e unha visita guiada ao Pazo de La Cuesta. Esta cita enmárcase no programa que anualmente apoia a Deputación de Lugo cunha achega de 25.000 euros para levar a cabo actividades e estudos que permitan potenciar o Xeoparque Montañas do Courel. Xunto ao responsable provincial participaron tamén o presidente do Xeoparque e Alcalde de Ribas de Sil, Roberto Castro, e o presidente da RSEHN, josé Luis Viejo.

Carlos López lembrou a total implicación da Deputación para conseguir a declaración do Xeoarque Montañas do Courel que “favorece o modelo de desenvolvemento do territorio polo que apostamos, sostible e que aproveita os extraordinarios recursos que contamos para favorecer a actividade económica e axudar así a fixar poboación, tanto no eido do sector servizos e no primario, como no turístico, na cultura e na divulgación científica”.

⚙ Configurar cookies
0.70925903320312