O Xeolodía 2025 da provincia de Lugo será no Xeoparque Montañas do Courel
RibeiraSacraXa
A actividade será o 10 de maio no Mirador de Campodola-Leixazós

20 Apr 2025
Este ano, o Xeolodía 2025 da provincia de Lugo será no Xeoparque Montañas do Courel e levará por título ‘Sinte a aperta dunha dobra xeolóxica’.
O Xeoparque organiza esta actividade en colaboración coa Federación de Asociaciones de Personas con Discapacidad de Lugo (COGAMI). A cita desenvolverase o sábado, 10 de maio, no Mirador de Campodola-Leixazós, en Quiroga, e o prazo para solicitar a inscrición estará aberto ata o 1 de maio.