O viñobús fará un percorrido pola Ribeira Sacra para desfrutar do sector vinícola

RibeiraSacraXa
O consorcio de turismo Ribeira Sacra organiza unhas saídas para os vindeiros 16, 17, 23 e 24 de setembro para percorrer diferentes viñedos e coñecer todas as características do sector vinícola.
viñedos Ribeira Sacra
5 sep 2023

O consorcio de turismo Ribeira Sacra organiza unhas saídas para os vindeiros 16, 17, 23 e 24 de setembro para percorrer diferentes viñedos e coñecer todas as características do sector vinícola.

O viñobús será unha “experiencia única na que maiores e pequenos aprenderán de onde proceden as uvas, como se cultivan e a súa transformación en mosto ou en viño de forma natural.

Así, as persoas participantes darán un paseo polos viñedos acompañados acompañados das persoas que mellor coñecen a vid, as súas variedades, as diferentes follas, o chan… e haberá cata de uvas, mostos e viños para percibir os distintos aromas, sabores e texturas.

O consorcio de turismo Ribeira Sacra organizará saídas a partir de seis persoas e os grupos serán de 15 persoas máximo, tendo que reservar para levar a cabo a actividade, que comezará ás 10.30 horas no Parque dos Condes, de onde sairá o viñobús, e rematará sobre as 16.30 horas.

viño bus ribeira sacra
0.21954393386841