O viño foi o protagonista na Festa da Vendima do Saviñao
A II edición da Festa da Vendima do Saviñao, que tivo lugar durante esta fin de semana, foi todo un éxito despois de que pasaran centos de persoas a desfrutar das actividades organizadas para desfrutar dunhas xornadas na que a vendima, a uva e o viño da Ribeira Sacra foron as protagonistas.
Tamén o foron o pregoeiro e ex conselleiro de Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde e os novos Cabaleiros da Orde do Mencía, Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidade; Mari Carmen Martínez Insua, Directora Xeral de Patrimonio Cultural; Galanteiro, Abadía Da Cova-Adegas Moure, Asolagados y adegardan, Gozo e SAT Vixen dos Remedios.
Pola súa parte, Javier Arias, o delegado da Xunta en Lugo inaugurou xunto co alcalde do Concello a festa, que considerou "a única celebración da Ribeira Sacra dedicada á colleita da uva e onde se funde a gastronomía, tradición, artesanía e paisaxe".
Apoio da Xunta de Galicia
O Goberno de Galicia, a través da Fundación Artesanía de Galicia, organizou varios obradoiros participativos para achegar os oficios tradicionais á sociedade tanto no Saviñao como no Incio.
Nos do Saviñao, o obradoiro foi impartido por Carlos San Claudio e Nerea Carpente, no que os participantes puideron desfrutar da experiencia do torneado do barro utilizando como ferramenta o torno oleiro de 11.00 a 14.00 horas e nunha segunda sesión de 16.00 a 20.00 horas.
As actividades estaban dirixidas a un público adulto e infantil co fin de achegar aos seus visitantes o saber facer dos profesionais do sector artesán galego e contribuír á difusión do valor engadido dos produtos artesanais.