O vindeiro 8 de agosto os veciños da Ermida de Quiroga poderán visitar Castro Caldelas
Algúns veciños de Quiroga organizan unha excursión á parroquia de Castro Caldelas tras o irmandamento entre as igrexas da Ermida e de Castro Caldelas no mes de abril, a través da firma dun convenio entre os párrocos, para asistir a misa de irmandade entre os dous santuarios.
Coa firma do convenio, as dúas igrexas comprometéronse a celebrar misas conxuntas na honra á Virxe dos Remedios coa unión das imaxes e tamén dos personaxes emblemáticos destas dúas parroquias: o Meco da Ermida e o Irrio Peliqueiro de Castro Caldelas.
Así, o vindeiro 8 de agosto, a virxe da Ermida visitará Castro Caldelas acompañada do Meco e as Pampórnigas, onde terá lugar a misa ás 12.00 horas. Ademais, aproveitarase a excursión para visitar a adega Vella en Abeleda, o miradoiro das Penas de Matacás e o Castelo de Castro Caldelas.
As persoas interesadas en participar poderán apuntarse ata o vindeiro 1 de agosto co párroco da Ermida, Jesús Río, xa que as prazas están limitadas, e deberán pagar 30 euros, xa que a viaxe inclúe o autobús, o xantar e s visitas turísticas.
Pola súa parte, o día 12 de agosto será a Virxe de Castro Caldelas acompañada do Irrio Peliqueiro quen visite a Ermida.