O vindeiro 30 de xuño terá lugar a Andaina Heroica Sacra desde Chantada
A Andaina Heroica Sacra desenvolverase o vindeiro 30 de xuño, unha ruta que os seus organizadores definenen como “moi especial”, xa que inclúe dúas distancias e dúas dificultades para todos os públicos, unha de 8 km de dificultade media-baixa e unha de 10 km de dificultade media.
As persoas participantes, que poden apuntarse en emersport.es, sairán o 30 de xuño ás 09.00 horas desde a praza O Cantón de Chantada para descubrir a baixada do río Asma. Logo percorrerán a zona de "escairos" centenarios, un monte autóctono e unhas vistas de “ensoñó”, explican desde a organización.
O final de etapa será única no Camiño de Inverno para finalizar nunha das bodegas máis emblemáticas da Ribeira Sacra do Miño, a Vía Romana Adegas e Viñedos, á que agradecen “por facer desta experiencia un momento donde música, boa comida e os vosos viños permitan os andarines disfrutar de todo o bon que temos para ofrecer dende o corazón de Galicia”.