O vindeiro 3 de abril terá lugar o tradicional concurso dos Maios en Monforte de Lemos

RibeiraSacraXa
O vindeiro 3 de abril terá lugar o tradicional concurso dos Maios en Monforte de Lemos e as persoas que queiran participar poderán facelo
MAIOS MONFORTE 2022
28 Apr 2023

O Concello de Monforte de Lemos celebra o vindeiro 3 de maio o tradicional concurso dos Maios, que contará coa concentración dos Maios e a lectura das coplas será na praza de España ás 17.30 horas.

As solicitudes para a inscrición no concurso non competitivo dos maios, así como das coplas, deberán presentarse para a súa participación no Rexistro Xeral do Concello de Monforte ata o 2 de maio antes das 14.00 horas.

O pasado ano a iniciativa resultou un éxito coa participación de 15 concursantes que tras percorrer varias rúas de Monforte, xuntáronse na Praza de España onde interpretaron as coplas preparadas para a ocasión. O obxectivo é que este ano se poida repetir a alta participación do ano 2022.

No concurso, como en pasadas edicións, premiarase a participación e todos os concursantes recibirán unha contía de 75 euros, sempre que o xurado os considere merecedores de premio, xa que se valorará a orixinalidade e a imaxinación, pero tamén a estética e a calidade dos materiais utilizados.

Dende o Concello, o alcalde quere animar a todos os monfortinos a participar neste concurso que forma parte da nosa tradición e tamén a que os veciños e veciñas acudan á Praza de España para recibir aos concursantes como xesto de recoñecemento ao seu traballo na elaboración dos maios.

Bases do concurso

Poderán participar no Concurso todos os monfortinos que o desexen e o tema tratará sobre calquera tipo de Maio.

Os Maios sairán a percorrer as rúas da cidade libremente e xuntaranse na Praza de España ás 17:30 horas, onde se interpretarán as coplas.

Para o aboamento dos premios, os inscritos deberán presentar o certificado bancario cun número da conta do titular.

Cartel Maios Monforte 2023
0.18854713439941