O vindeiro 26 de outubro celebrarase en Taboada a IV Foliada e Cantos de Taberna

RibeiraSacraXa
Organizada pola Asociación Rechouchíos coa colaboración do Concello de Taboada, a festa comezará a partir das 19.00 horas
Cantos-de-taberna-e-Foliada-Taboada
21 sep 2024

A Asociación Rechouchíos de Taboada organiza a IV Foliada e Cantos de Taberna, que terá lugar o vindeiro 26 de outubro no municipio taboadés.

A iniciativa, que conta coa colaboración do Concello de Taboada, comezará ás 18.00 horas coa xuntanza dos grupos e ás 19.00 horas desenvolveranse os cantos de taberna polos bares do municipio.

Os grupos interesados en participar poderán apuntarse ata o vindeiro 20 de outubro a través do número 637 282 099, que poderán desfrutar dunnha cea gratis, despois da cal haberá unha foliada libre.

0.084054946899414