O vindeiro 25 de marzo o BNG de Taboada presentará o seu candidato á Alcaldía

RibeiraSacraXa
O vindeiro 25 de marzo o BNG de Taboada presentará o seu candidato á Alcaldía do municipio de Taboada, José Portela
José Portela, BNG Taboada
22 Mar 2023

José Portela Gómez-Macías foi elixido pola asemblea local do BNG como candidato á Alcaldía do Concello de Taboada para as próximas eleccións municipais.

Así, o vindeiro sábado, 25 de marzo, celebrarase un acto de presentación pública onde estará acompañado dos membros da candidatura, así como dos deputados no Parlamento de Galicia, Xosé Luís Rivas Cruz ‘Mini’ e Carme Aira Díaz.

O acto terá lugar a partir das 17.00 horas.

0.2075400352478