O vindeiro 15 de setembro terá lugar a III carreira e andaina Monforte en Marcha contra o Cancro

RibeiraSacraXa
Celebrarase o domingo 15 de setembro ás 12.00 horas, nun circuíto urbano en Monforte, cun percorrido de 5 quilómetros que terá saída e chegada na Praza da Compañía
III-Monforte-en-Marcha-contra-o-Cancro
4 Sep 2024

A concelleira de Muller e Igualdade do Concello de Monforte, Margarita López, participou na presentación da terceira edición da carreira e andaina 'Monforte en Marcha contra o Cancro' que a delegación lucense da Asociación Española contra o Cancro organiza en Monforte e que se celebrará o domingo 15 de setembro.

Na presentación, Margarita López estivo acompañada pola presidenta da Asociación Española Contra o Cancro na provincia de Lugo, María Luz Abella e representantes da Xunta de Galicia en Lugo. Tamén acudiron a esta rolda de prensa os concelleiros de Servizos, José Luis Losada, Deportes, José Manuel Mougán, e a concelleira de Consumo, Regina López.

A concelleira de Muller e Igualdade amosou a satisfacción do Equipo de Goberno de poder colaborar na organización desta III Carreira e Andaina Monforte en marcha contra o Cancro, “porque iniciativas de carácter solidario e social tan importantes coma esta, merecen todo o noso apoio”.

Neste senso, Margarita López explicou que o Equipo de Goberno colaborou activamente coa Asociación contra o Cancro no deseño do percorrido desta carreira, no que participaron tamén tanto o técnico de Deportes como a policía local. Ademais, para o desenvolvemento desta carreira, dende o Concello tamén se proporcionará o servizo de ambulancia, e levarase a cabo a colocación das vallas necesarias para delimitar o circuito deseñado para a mesma. A Policía Local colaborará no corte e vixiancia do tráfico daquelas rúas polas que transcorra a carreira, velando tamén pola seguridade dos e das participantes.

Neste senso, a carreira implica o corte de vías de comunicación da cidade polas que transcorrerá a carreira: Francisco Moure, Paseo de Lugo, rúa Carude, San Lázaro Reboredo e Dalmiro de la Válgoma, cortes que serán levados a cabo pola policia municipal. “É dicir, dende o Executivo de José Tomé colaboramos nesta iniciativa poñendo á disposición dos organizadores toda a maquinaria técnica e organizativa necesarias para que a carreira e andaina resulten todo un éxito, algo do que estamos seguras que así será”.

Desenvolvemento da carreira

Este evento deportivo e solidario celebrarase o domingo 15 de setembro ás 12.00 horas, nun circuíto urbano en Monforte, cun percorrido de 5 quilómetros que terá saída e chegada na Praza da Compañía. A concelleira, animou aos veciños e veciñas a participar neste evento, cuxo prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 12 de setembro e pode facerse de xeito online ou no local da asociación.

O prezo para a inscrición, que inclúe camiseta, é de 10 euros, e todos os fondos recadados irán destinados a seguir mellorando a vida dos pacientes con cancro e as suas familias, e impulsar a investigación oncolóxica para conseguir un 70 % de supervivencia no ano 2030.

Esta carreira popular e urbana é de carácter benéfico contará con categorías masculina e feminina cun primeiro, segundo e terceiro premio para cada unha.

Tamén recordou Margarita López na súa intervención, a colaboración constante do Concello de Monforte coa Asociación Española contra o Cancro na provincia de Lugo: “O alcalde é sensible ao importantísimo labor que desenvolve a Asociación Contra o Cancro en Monforte, e desde un primeiro momento levamos a cabo una colaboración estreita coa mesma, que se traduce na cesión de 3 locais para dita asociación, desde os que atenden a enfermos e familiares relacionados con esta enfermidade”.

Do mesmo xeito, o Concello participa e colabora en todas cantas actividades desenvolven na nosa cidade, “algo que seguirá facendo, porque o compromiso e a colaboración deste alcalde e seu Equipo de Goberno coa Asociación contra o Cancro é firme e constante, xa que desenvolve unha importante labor de investigación e asesoramento en relación con esta enfermidade”, concluíu López.

A concelleira rematou a súa intervención animando a todos os veciños e veciñas de Monforte a inscribirse e participar neste evento que une deporte e solidariedade.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17655682563782