O vindeiro 13 de xuño desenvolverase unha ruta guiada pola Reserva Natural fluvial do río Lor, no Courel
RibeiraSacraXa
A actividade está organizada pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil
21 Maio 2024
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil organiza unha actividade gratuíta para todas as persoas ás que lle apeteza participar dunha ruta guiada para reserva natural fluvial do Río Lor, no Courel.
Esta actividade desenvolverase o vindeiro 13 de xuño a partir das 09.00 horas, momento no que as persoas participantes atoparanse no campamento de Seoane do Courel e trasladaranse en autobús a Zanfoga, en Pedrafita do Cebreiro.
Desde as 10.00 horas ás 18.00 horas desenvolverase a ruta interpretativa con paradas en puntos de interese, comida picnic durante a ruta e percorrendo 11 km de camiño de dificultade media.