O VI Bioblitz Courel celebrarase do 7 ao 8 de xuño

A Asociación Galega de Custodia do Territorio, a Sociedade Micolóxica Lucus, a Asociación de desenvolvemento Rural Serra do Courel e o Grupo naturalista Hábitat, organizan durante os días 7 e 8 de xuño o VI Bioblitz Courel.
Un bioblitz, explican dende a organización, é unha prospección intensiva de biodiversidade nunha área determinada na que participan naturalistas asesorados por expertos en distintas disciplinas.
Durante esta actividade realizarase un inventario biolóxico co fin de obter o maior número de identificacións e citas da flora, fauna e microbiota en varios espazos representativos deste territorio.
As inscricións para participar neste evento deberán formalizarse a través da web da Asociación Galega de Custodia do Territorio.
As actividades, que comezarán o sábado, 7 de xuño, ás 12:30 horas na Estación Científca do Courel, incluirán actividades de campo e unha observación nocturna.