O venres, 31 de agosto, remata o programa 'Descubrir Quiroga' cunha ruta por Montefurado

RibeiraSacraXa
Como no resto das rutas, o punto de encontro será as 09.00 horas na casa de cultura de Quiroga, para saír en autobús cara o lugar de Montefurado
Concello-Quiroga-CHMS-tunel-Montefurado
25 Ago 2024

O mes de agosto remata en Quiroga ofrecendo unha nova ruta dentro do programa 'Descubrir Quiroga', que se desenvolverá o vindeiro venres, 31 de agosto.

Nesta ocasión, os participantes farán un percorrido por Montefurado, terra de romanos para coñecer as rochas que pisamos e os seus sabores, como é o ouro líquido, aceite de Quiroga.

As persoas que se inscriban nesta nova actividade acudirán a unha cata de aceite no centro social de Montefurado. As dúas do mediodía, no interior da igrexa de San Miguel de Montefurado ofrecerase un concerto de balde para todos os públicos a cargo de The Lioness Treasure.

Nesta actividade haberá límite de prazas para 20 persoas e os interesados deben enviar un correo a cultura.quiroga.quiroga@eidolocal.es ou ben persoalmente na Casa da Cultura de Quiroga, o limite de hora para apuntarse a cada actividade será ás 13.00 horas do día anterior a actividade.

Como no resto das rutas, o punto de encontro será as 09.00 horas na casa de cultura de Quiroga, para saír en autobús cara o lugar de Montefurado.

0.096529960632324