O V Trail Heroica Sacra regresa a Chantada e O Saviñao no mes de xuño

RibeiraSacraXa
As incricións estarán abertas até o 24 de xuño e as porbas serán os días 26 e 27
Trail-Heroica-Sacra-2024
26 Feb 2026

Os municipios de Chantada e O Saviñao serán os escenarios os días 26 e 27 de xuño de 2026 da quinta edición do Trail Heroica Sacra, organizado polo Club Peña Saltasebes de Chantada coa colaboración do Concello de Chantada, o Concello de O Saviñao e iNNOHEROICA. A cita inclúe probas de trail running e sendeirismo abertas a diferentes categorías e idades.

A programación comeza o venres 26 de xuño co “PequeHeroico” destinado a escolares, mentres que o sábado 27 terá lugar unha xornada máis ampla que incluirá varias modalidades de trail: Trail Corto de 12 km, Trail Medio individual de 23 km, Trail Largo individual de 33 km, Trail Relevos de 33 km, e unha Andaina de 9 km. Todas as probas de trail partirán desde a Praza de España en Chantada, con chegada na Praia da Cova en O Saviñao, salvo a Andaina que se desenvolverá desde a Praza de España no Concello do Saviñao ata a mesma meta.

Cada proba ten establecido un límite de participación, con 100 prazas para as modalidades máis longas e 150 para as máis curtas, podendo a organización modificar estas cifras en función das inscricións, sen superar un total de 750 participantes.

O Trail Relevos divídese en dous tramos: o primeiro percorrido de Chantada ao Ponte de Portotide (18 km, +850 m), e o segundo tramo de Pincelo ata a meta (15 km, +950 m). Todas as categorías de trail premiarán ás tres primeiras posicións de cada xénero, salvo os relevos, e os participantes recibirán unha bolsa do corredor e unha prenda conmemorativa, cuxo deseño se dará a coñecer en redes sociais durante o mes de xuño. A Andaina, pola súa banda, é un evento non competitivo.

As inscricións están abertas a través da plataforma ChampionChip Norte ata o 24 de xuño ás 23:59 horas, con prezos diferenciados segundo a proba: Trail Largo, Relevos, Trail Medio, Trail Curto, Andaina, PequeHeroico e acompañantes. Esta quinta edición busca consolidarse como un referente de deporte de montaña e sendeirismo na provincia, promovendo a convivencia e a participación de deportistas de distintas idades e niveis.

0.11723399162292