O V Día da Bici de Quiroga celébrase este domingo
RibeiraSacraXa
A proba terá un custo de dous euros por pesoa, co obxectivo de recadar cartos para as vítimas da DANA de Valencia
Cartaz do V Día da Bici de Quiroga
7 Nov 2024
Con motivo do San Martiño, que se festexa o 11 de novembro, o Concello de Quiroga organiza o V Dia da Bicicleta de Quiroga, que terá lugar o domingo, 10 de novembro.
Como novidade de este ano, o evento non será gratuíto, senón que terá un custo de dous euros por pesoa, co obxectivo de recadar cartos para as vítimas da DANA de Valencia.
A actividade partirá da Praza Rúa Lago ás 12.00 horas da mañá e terá dous percorridos diferentes, un de 10 quilómetros e outro de 5 quilómetros. As isncricións estarán abertas ata o mesmo domingo, quince minutos antes da saída da proba.