O V Concurso de Tapas Castaña do Courel celébrase polos establecementos do municipio

RibeiraSacraXa
A iniciativa desenvolverase os días 18, 19, 20, 25, 26, 27 e 31 de outubro e o 1 de novembro en horario de 12.30 a 15.00 horas e de 19.30 a 22.30 horas
Concurso-Castaña-do-Courel
9 Out 2024

Un ano máis, celébrase o V Concurso de Tapas Castaña do Courel, que este ano será os días 18, 19, 20, 25, 26, 27 e 31 de outubro e o 1 de novembro en horario de 12.30 a 15.00 horas e de 19.30 a 22.30 horas.

Os establecementos participantes nesta edición son Acampamento O Courel, en Esperante; Casa Ferreiro, en Seoane; Bar Rafael, en Seoane; Restaurante Anduriña, en Seoane; Bar Pombo, en Seoane; Cova da Moura, en Vilamor; Mesón O Mirador, en Folgoso; e Bar Pepe, en Santa Eufemia.

As tapas terán un custo de dous euros e as persoas participantes entrarán no sorteo de unha comida para dúas persoas no Restaurante Miguel González de Ourense, outra no Restaurante Nado da Coruña, outra no Restaurante Regueiro da Cova de Verín, 2 lotes de viño de Bodegas EDV, unha noite para dúas persoas con almorzó na Cabaniña e unha noite para dúas persoas con cea e almorxo en Casas do Comerciante.

0.071668148040771