O último libro de Margarita Rodríguez Otero presentarase no Centro do Viño de Monforte

RibeiraSacraXa
Este sábado, 12 de agosto presentarase no Centro do Viño de Monforte o último libro de Margarita Rodríguez Otero, un acto promovido pola Librería Agrasar que terá lugar ás 20.
presentacion libro monforte
10 Ago 2023

Este sábado, 12 de agosto presentarase no Centro do Viño de Monforte o último libro de Margarita Rodríguez Otero, un acto promovido pola Librería Agrasar que terá lugar ás 20.30 horas.

A obra, 'Galicia vence a Napoleón. A incrible fazaña do pobo galego que en seis meses venceu e expulsou da súa terra ás tropas francesas', é un relato fundamentado nun intenso traballo de investigación nas fontes documentais do país e nunha extensa e documentada bibliografía.

Margarita Rodríguez Otero dedica a súa novela aos homes que, obrigados a abandonar vilas e aldeas ante a presenza do invasor, acosaron constantemente ás tropas francesas ata expulsalas destas terras.

A autora describe os estragos sufridos de forma tan pormenorizada e documentada, que podemos revivir co seu relato, os acontecementos tráxicos ocorridos que fixeron de Monforte a poboación máis castigada polas tropas invasoras ao seu paso por Galicia.

0.17953991889954