O último encontro do Bóveda Slam Poetry celebrarase o vindeiro 1 de xuño

O vindeiro 1 de xuño celebrarase o último encontro clasificador para a Gran Final do Bóveda Slam Poetry, que se desenvolverá no centro sociocultural de Bóveda.
De dito encontro sairá o quinto poeta clasificado para a Gran Final, e os participantes serán Xosé Casar, Yolanda Alcas, Gardián da Torre e Paloma Sas. Clasificarán, ademais, as dúas mellores posicións da tempada, que se calcularán unha vez concluída a actividade.
Tamén participará nesta Gran Final Galego de Caracas (Simón Rodríguez) gañador da Final da tempada anterior, “que foi unha tempada necesaria para a inscrición en Poetry Slam España”, explica Casar.
Desta maneira, o gañador da Gran Final participará, representando a Bóveda Slam Poetry, no encontro nacional que se celebrará en Santander no mes de outubro, na que competirán 32 sedes de Slam.