O Trío Medianoche volve a Ribas de Sil para dar un concerto este sábado

RibeiraSacraXa
Continuando coas veladas musicais de fin de semana, o Hotel-Restaurante Las Vegas de San Clodio, acolle un concerto de Jazz Fusión 
Jazz-medianoche-Ribas-de-Sil
18 Xul 2024

Continuando coas veladas musicais de fin de semana, o Hotel-Restaurante Las Vegas de San Clodio, en Ribas de Sil, acolle este sábado 20 un concerto de Jazz Fusión a cargo do Trío Medianoche MME 3ª Dimensión.

Estes son músicos consagrados, con máis de 40 anos de experiencia: Emilio Blanco, batería e artiluxios; Emilio Fluxento, baixo e técnico de son, e Miquel, guitarra, armónica e guitarra sintetizada.

Miquel, que vén de tocar durante anos con 'Medianoche' en Cataluña, xuntouse con estes outros dous músicos para crear este trío cunha proposta de 'Jazz Fusión', coa que o ano pasado xa fixeron varios concertos pola zona. Concretamente tocaron en San Clodio, en Las Vegas, e en Quiroga. Un ano despois, e dado o éxito do ano pasado, volven á terraza de Las Vegas este sábado 20 ás 23.00 horas.

0.11576008796692