O Trícole e a Coral Samoeiro amenizaron a entrega de premios dos concursos de Nadal de Sober
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, acompañado polo tenente de alcalde da Pobra do Brollón, Ricardo Rodicio, fixeron entrega dos premios dos concursos convocados polo Concello de Sober con motivo do Nadal.
Así, o rexedor fixo entrega dos premios e diplomas aos gañadores e gañadoras e a todos e todas as participantes nos concursos de poesía, postais, decoración de locais comerciais e beléns.
Ademais, tamén estiveron o Trícole e a Coral Samoeiro acompañando a entrega de premios coa súa música, cantando os Reis aos participantes deste evento de recoñecemento.
Os premios
No certame de beléns, os gañadores na categoría infantil foron Alejandra e Adriana González no primeiro premio e Estrela e Noé Campos no segundo; mentres, na categoría de adultos, os gañadores foron O faladoiros dos Luns, a Casa dos Arcos e a Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme.
No certame de decoración de locais comerciais, o primeiro premio foi para Muebles Mayma, o segundo para Solpor Camperpark e o terceiro para Anditel.
No certame de postais, na categoría de ata 8 anos, os gañadores foron Aroa Vivirido, Teo Castro e Leonor Molina; mentres, na categoría de 9 a 11 anos, os gañadoras foron Ada Castro e Carla Rodríguez. Tamén houbo un premio á participación para o Ceip de Sober e para a residencia Nosa Señora do Carme.
Por último, no certame de poesía, a gañadora foi Leonor Molina.