O Trece Roeis Fest presenta o cartel completo para a edición de 2025

O Trece Roeis Fest regresará a Pantón os días 20 e 21 de xuño de 2025 para celebrar a súa sexta edición. A organización vén de facer público o cartel definitivo para esta nova edición, cun total de 16 artistas.
Ilegales, Sés, Dakidarría, Sínkope, Trashtucada, Caamaño&Ameixiras, Montedapena, Linaje, Gin Toni`s, Rastreros, Laura DSK, Festicultores Trouope, Leo de Matamá, Brais das Hortas e Baturruka serán os artistas que actuarán no Trece Roeis Fest 2025.
O festival, que enche cada ano de música esta vila en pleno corazón da Ribeira Sacra, consolídase como unha das citas imprescindibles no calendario cultural galego.