O Trece Roeis Fest pon a Pantón no centro do panaroma musical co apoio da Deputación

GaliciaXa | RibeiraSacraXa
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presentou este martes máis detalles desta cita que terá lugar o 20 e 21 de xuño no concello de Pantón
presentacion-trece-roeis-2025
Presentación do Trece Roeis 2025
17 Jun 2025

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este martes nos xardíns do Pazo de San Marcos na rolda de prensa que serviu para dar a coñecer máis detalles da programación do Trece Roeis Fest, a cita musical que terá lugar o 20 e 21 de xuño en Pantón e que conta co patrocinio da institución provincial. A este acto tamén asistiu a Deputada de Cultura, Patrimonio Histórico, Artístico e Normalización Lingüística, Iria Castro Fernández, o Alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, e membros da Asociación do 13 Roeis Fest.

García Porto agradeceu o esforzo “das persoas que están detrás deste proxecto que representa á perfección o espírito do que queremos para a nosa provincia: un territorio vivo, dinámico, orgulloso da súa identidade e con futuro. Esta proposta cultural feita con talento e compromiso, nace da iniciativa da xente nova e medra ano tras ano grazas á súa ilusión, ao seu traballo e á súa crenza no potencial do rural”.

“Este evento aposta pola música galega e pola diversidade de estilos, con artistas como Sés, Dakidarría, Sínkope ou Caamaño & Ameixeiras, pero tamén é un espazo para a convivencia e para o encontro entre xeracións, con actividades pensadas para todas as idades”.

A Deputada tamén destacou que “colaboramos desde a área de Turismo cunha achega de máis de 7.000€, porque estamos convencidas de que apoiar iniciativas coma esta é apostar pola cultura, polo turismo sostible, pola economía local e polo futuro do noso rural”. Ademais, a Deputación de Lugo tamén colabora coa difusión do evento.

A maiores das actuacións musicais a programación desta nova edición inclúe actividades paralelas que completan un cartel de luxo no que figuran artistas de recoñecido prestixio no panorama nacional e galego.

⚙ Configurar cookies
0.1292359828949