O Trece Roeis Fest de Pantón xa ten o seu cartel cheo de música e actividades
Os organizadores do Trece Roeis Fest de Pantón veñen de presentar o cartel definitivo con todos os grupos e artistas que actuarán durante o evento que terá lugar o 30 e 31 de agosto.
Así, para celebrar o seu 5º aniversario, fixeron unha aposta por grupos e artistas do panaroma internacional, español e galego.
Desta maneira, estes son: Soziedad Alkoholika, Ana Tijoux, Fillas de Cassandra, Green Valley, Sôber coa súa xira 30 aniversario con Savia e Skizoo, Sara Socas, Los de Marras, Rebeliom do Inframundo, Arrhythmia, Maneiro, Pauliña, Xabier Vizcaíno, Festicultores Troupe, Tiam Gz, Exeria, Amoebo, Baturrruka Monforte, e Peter Punk e Brais das Hortas, que farán un concerto Infantil.
Ademais dos concertos, haberá unha sesión Dj, contarase tamén coa actuación de maxia do Mago Teto e terán lugar presentacións literarias, degustacións, obradoiros e moito máis.