O Trece Roeis Fest de Pantón celebrou a súa quinta edición cun gran éxito

RibeiraSacraXa
Desde a organización do evento quixeron agradecer ás bandas, aos colaboradores, ao equipo técnico e ao público a súa predisposición por facer posible unha nova edición
Trece-Roeis-Fest-organización
2 sep 2024

A quinta edición do Trece Roeis Fest, que se celebrou esta fin de semana en Pantón, foi todo un éxito de participación, así como os seus organizadores defenden que foi "especial porque colleitamos o primeiro lustro do festival, cheo de vivencias con vós que xa son recordos".

Así, din que ás 20 bandas, grupos e artistas que estiveron no festival deste ano "foi un gustazo abrirvos a casa, grazas pola boa vibra durante os dous días, sendo a edición máis sinxela de xestionar, sempre sendo comprensivas cos erros que puido haber. Sodes xa familia #TreceRoeis", destacaron desde a organización.

Tamén lle quixeron agradecer aos patrocinadores públicos e privados, "que un ano máis deciden apostar polo Trece Roeis Fest, xa que sen eles sería imposible que este festival fose adiante".

Con todo, fixeron unha mención especial para as máis de 100 empresas e establecementos locais e bodegas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra que nos apoian o festival coa súa colaboración e animan a consumir e traballar coas empresas locais.

Ademais, non quixeron esquecerse do equipo técnico do Trece Roeis Fest, queson parte da organización do festival e "os nosos compañeiros de batalla. Sempre é un luxo saír á guerra con eles", explican.

E finalmente, agradeceron ao público, á "xentiña festivaleira", a paciencia, a comprensión e o comportamento xeral ao longo destes 5 anos. "Sempre seredes benvidas na nosa vila", concluíron.

0.20731592178345