O tráfico quedará pechado no Paseo do Malecón de Monforte polos preparativos do Festival do Viño Ribeira Sacra

RibeiraSacraXa
O tráfico quedará pechado no Paseo do Malecón de Monforte polos preparativos do Festival do Viño Ribeira Sacra
Paseo do Malecón Monforte
26 Xuño 2023

A partir do mércores 28 de xuño ás 7.00 e ata o día 3 de xullo ás 23.00 horas, a Rúa do Malecón permanecerá pechada ao tráfico por mor dos preparativos do Festival do Viño de Ribeira Sacra que se celebrará o venres día 30 de xuño e os días 1 e 2 de xullo.

O dispositivo de circulación previsto consistirá no peche do paseo do Malecón por tramos, segundo as necesidades que se precisen para os traballos de montaxe e desmontaxe das distintas estruturas habilitadas para os participantes e visitantes do evento.

Ademais, dende o día 26 de xuño ás 7.00h e ata o día 4 de xullo ás 23.00 horas pecharase a rúa dende o inicio do Malecón ata a baixada lateral do ambulatorio para facilitar a instalación dos stands que participan no evento e a colocación dun dos palcos de actuacións.

Todos os cortes estarán convenientemente sinalizados e dende o Concello queren solicitar a colaboración dos cidadáns e agradecer as molestias que estas alteracións do tráfico poidan ocasionar.

0.14593982696533