O Torneo All Star Bóveda regresa para celebrar a súa terceira edición

RibeiraSacraXa
Poderán participar equipos de Fútbol Sala das categorías sénior, xuvenil e base
torneo-futbol-sala-boveda
8 Jun 2025

O Torneo All Star de Fútbol Sala regresa un ano máis coa colaboración do Concello de Bóveda. Será a terceira edición desta cita deportiva que reunirá a equipos de todas as idades.

O torneo comezará do 1 ao 6 de xullo cos participantes da categoría sénior e xuvenil, mentres que a categoría Fútbol Base, que incluirá Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete, disputarase do 28 de xullo ao 3 de agosto.

Os equipos deberán estar formados por un máximo de 10 persoas. Para más información e inscricións as persoas interesadas poden contactar coa organización nos teléfonos 678 885 531 e 666 125 733.

⚙ Configurar cookies
0.17838788032532