O toque de queda retrásase e amplían o horario dos restaurantes

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, anunciou os cambios nas restricións xerais en Galicia que serán efectivas a partir do venres.
hostalería terrazas
14 Abr 2021

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, anunciou os cambios nas restricións xerais en Galicia que serán efectivas a partir do próximo venres e que afectan ao toque de queda e á hostalaría.

Deste xeito, o toque de queda establecerase agora nas 23.00 horas mentres que os restaurantes poderán servir ceas ata as once da noite. Non así, os bares, que seguirán obrigados a pechar ás nove da noite.

O presidente valorou de forma positiva a evolución do virus en Galicia, con valores similares aos que había a mediados de marzo, antes da pontes de San Xosé. Ademais, o cambio ao horario de verán influíu na decisión de retrasar o inicio do toque de queda.

O DOG aclarará que locais poderán abrir ata as 23.00 horas, pero serán os que teñen licenza de restaurante. Ademais deberán funcionar con cita previa e conservar un rexistro de clientes e, por último, garantir a calidade do aire con aparellos para medir o CO2 no local.

En segundo lugar, o comité acordou seguir abrindo as residencias da terceira idade, que poderán recibir visitas de calquera persoa que pedisen unha cita previa, mentres que ata o de agora só podían visitar dúas persoas como máximo por maior. Ademais, os residentes poderán saír do centro tres veces por semana cunha duración de catro horas por cada saída.

Finalmente, anunciou tamén que a comunidade quedará pechada perimetralmente.

0.18937301635742