O teatro será o protagonista das actividades culturais de Quiroga no que queda de ano

RibeiraSacraXa
Este venres 11 terá lugar o espectáculo de improvisación oral ‘Regueifa de Bergantiños a Ribas de Sil e a Quiroga’ no salón de actos de Ribas de Sil
Teatro-Quiroga
8 Out 2024

Quiroga presenta o seu calendario de actividades para o último trimestre do ano, en outubro, novembro e decembro.

Así, este venres 11 terá lugar o espectáculo de improvisación oral ‘Regueifa de Bergantiños a Ribas de Sil e a Quiroga’ no salón de actos de Ribas de Sil.

O día 18 haberá unha andaina polo cancro de mama organizada polo CIM de Quiroga e o día 19 terá lugar a viaxe a Santiago para ir ao teatro a ver ‘Terceiro acto’, o día 23 será a actividade ‘Literatura afinada’ na casa da Cultura de Quiroga, o día 27 haberá unha excursión aos Canóns do Sil e o día 30 terá lugar o Faladoiro no centro social.

Xa en novembro, o día 10 representarase a obra ‘Na procura dun traballo’ a cargo de Metátese Teatro, o día 11 celebrarase o San Martiño, o día 24 representarase ‘Un safari xeitoso’ a cargo de Os Trocos de Vilalba, o día 25 conmemorarase o Día da Non Violencia contra as Mulleres, o día 27 terá lugar o Faladoiro no centro social e o día 30 terá lugar a viaxe a Ourense para ir ao teatro a ver a ‘Celestina’.

Pola súa parte, en decembro, o día 4 representarase a obra ‘Castelao’ a cargo de Cultura Activa, o día 19 terá lugar o Festival de Nadal pola Escola de Música Moderna, o día 20 representarase ‘Masculino singular’ a cargo de Satori Teatro, o día 27 será a quedan de Ubú Teatro, que representará ‘O vixiante dos soños’ e o día 29 rematarán as actividades coa obra ‘O auto de Castromil’.

0.10996794700623