A veciñanza de Nogueira de Ramuín participou nun taller de Ecopercursión da man da Asociación Ecos de Moura

O pasado 14 de marzo, a Asociación Ecos de Moura organizou un novo taller de Ecopercusión, tras o éxito das edicións anteriores, ofrecendo aos participantes unha forma distinta de experimentar a música mediante ritmos xerados con materiais reciclados e coa enerxía do grupo.
O encontro, que abriu o calendario de actividades socioculturais 2026 da asociación, estivo dirixido polo músico e percusionista Didier Díaz, quen guiou aos asistentes para descubrir que “todo pode convertirse en música”.
A proposta enmárcase na celebración do Día Internacional da Muller e buscou reforzar a creatividade, o sentido de comunidade e os encontros que fomentan a aprendizaxe e a diversión compartida.
Ao rematar a sesión, os asistentes puideron desfrutar de pinchos para conmemorar a data e continuar os encontros nun ambiente distendido.