O Taboada CF organiza unha comida para celebrar os seus 50 anos
RibeiraSacraXa
O Taboada CF organiza unha comida para celebrar os seus 50 anos o vindeiro 17 de xuño no Xosé Anxo Varela “Canti”
12 Xuño 2023
Este 17 de xuño celébrase un evento en conmemoración dos 50 anos que cumpre o Taboada CF, que se fundou en 1973; con diferentes actividades que comezarán desde a mañá ás 12.00 horas coa apertura do cuartel vello e rematarán sobre as 21.00 horas.
Así, as persoas que queiran participar deberán pagar un custo de 40 euros, nos que está incluído un xantar no que se compartirán experiencias ao redor de estes anos de deporte no municipio.
Este evento terá lugar no Xosé Anxo Varela “Canti” Municipal de A Medela e poderán participar todos os veciños interesados, xa que incluirá unha sesión vermú, unha comida de confraternidade e actividades varias e rematará con música.