O Son da Aldea regresa en 2025 con preto dunha decena de espectáculos

A novena edición do Son da Aldea celebrarase o 28 de xuño en San Xoán de Toldaos, en Pantón, con preto dunha decena de actividades entre actuacións musicais, espectáculos de maxia, artesanía e exposicións.
O cartel de este ano está composto por A Cadela Asasina, As Moiñas, o Mago Demi, Pappaquino, Maskarpone, DJ Xosé, Willow GHZ, Xmaseda e Monoulious Dop.
A entrada será de balde e os espectáculos arrancarán ás 17.00 horas.