O soberino Júnior Martínez, subcampión galego de taekwondo

RibeiraSacraXa
O deportista do Ximnasio Neka estrenábase este sábado na categoría de peso semipesado, no campionato que se celebrou en Ourense
miniatura taekwondo júnior martinez sober
7 Mar 2021

Júnior Martínez, de Sober, vén de proclamarse esta fin de semana subcampión galego de taekwondo, na modalidade de combate.

O deportista do Ximnasio Neka, que este sábado se estrenaba na categoría de peso semipesado no campionato que se celebrou en Ourense, caeu na final ante Daniel Corrales, o número un do ránking.

Júnior Martínez, de 21 anos, suma dous títulos nacionais e o seu obxectivo agora é dominar o peso semipesado.

A vindeira cita para os taekwondistas do Ximnasio Neka será o sábado 27 no campionato galego de técnica, que se vai disputar na localidade pontevedresa de Moaña.

taekwondo júnior martinez sober
0.15213298797607