O Sindicato Labrego Galego presenta unha moción hoxe no Pleno de Chantada

RibeiraSacraXa
El Sindicato Labrego Galego continua con la campaña de presentación de mociones en todos los ayuntamientos gallegos, hoy será en Chantada.
granxa vaca leite
2 Dec 2021

O Sindicato Labrego Galego continua coa campaña de presentación de mocións en todos os Concellos galegos nos que a produción láctea é representativa e moi importante desde un punto de vista económico.

Presentaron en rexistro a moción para que poida ser debatida no Pleno do Concello de Chantada que se vai celebrar hoxe.

En setembro de 2021, segundo datos da Seguridade Social, o Concello de Chantada tiña 541 persoas afiliadas na Agricultura e na Pesca. Estas son as que dependen directamente da actividade gandeira, pero temos toda a estrutura de servizos á actividade gandeira que está asentada no mesmo Concello: delegación da cooperativa Aira, talleres, comerciais, servizos de todo tipo ás granxas de leite....

Solicitan "a implicación da corporación municipal do Concello de Chantada para que asuma as demandas que o SLG formula na moción, e para que inste ao Presidente da Xunta a tomar a iniciativa no paquete de medidas que propoñemos". Entre estas medidas atópanse: a convocatoria urxente da Mesa do Leite e con carácter permanente. A Consellaría do Medio Rural ten a obriga de facer cumprir a Lei da Cadea Alimentaria, polo que ten que tentar tódalas vías posibles para recuperar unhas condicións que garantan a viabilidade de toda as granxas galegas. Que o Ministerio recolla a obrigatoriedade de crear índices de referencia vinculantes para impedir prezos e condicións abusivas. Que a Consellería sexa a encargada da realización e actualización deses índices de referencia obxectivos e representativos da realidade das granxas galegas. Que se estableza un sistema de mediación que impida os abusos sobre a parte produtora e que garanta que os contratos non sexan de adhesión. Dito sistema de mediación será na Galiza. Tendo a maior rexión produtora do estado, é absurdo ter que acudir a cortes de arbitraxe ou sistemas de mediación en Madrid. Que ningún operador lácteo, sexa industria ou primeiro comprador, poida operar se non ten aval suficiente para o pago do leite, ou se teñen detectado faltas de pagamento con anterioridade. O falta de pagamento do leite non pode ser un mecanismo de financiamento de industrias en crise ou mal xestionadas. As granxas non son entidades financeiras. Establecer unha liña de traballo urxente coas Administracións para reducir os custos de produción. Impedirase a especulación coas materias primas, acabarase coas tarifas eléctricas que penalizan á produción de alimentos, axudas a programas de desintensificación. Compromiso por parte do Concello de non mercar leite de empresas que estean a pagar prezos inxustos aos gandeiros e ás gandeiras galegas, decantándose por marcas galegas que merquen e procesen o leite na Galiza. E , se fora posible, consumo de leite e queixo producido e transformado na comarca.

0.18615698814392