O servizo de atención temperá xa está a funcionar en Chantada

RibeiraSacraXa
O servizo de atención temperá xa está a funcionar na comarca de Chantada, nos concellos de Carballedo, no de Taboada e en Chantada
atencion tempera chantada
28 Out 2022

Os nenos e nenas da comarca de Chantada poden desfrutar dende este mes de outubro dun servizo de atención temperá que xa está a executarse no concello de Carballedo, no de Taboada e en Chantada.

Este servizo consta de intervencións personalizadas e adaptadas ás nenas e ós nenos de 0 a 6 anos que teñan necesidades transitorias e/ou permanentes no seu desenvolvemento ou presenten risco de padecelas.

Esta unidade está situada provisionalmente no Espazo Xove Chantada pero a idea é que nun futuro se traslade ó edificio da Policía Local de Chantada. O horario de atención é de luns a xoves de 9.00 a 19.00 horas e os venres de 9.00 a 14.30 horas.

As familias interesadas poden contactar co servizo chamando ós teléfonos 982 831 332 e 621 181 557 ou a través do correo electrónico satcomarcachantada@gmail.com

O equipo do Servizo de Atención Temperá está formado por unha psicóloga/neuropsicóloga, unha logopeda e unha fisioterapeuta, que se encargan de prestar apoio a todos e todas aqueles nenos e nenas que se encontren en condicións de vulnerabilidade evolutiva e polo tanto, requiran dunha intervención interdisciplinar. A poboación infantil de ata 6 anos pode acceder a esta asistencia a través dunha derivación por parte da súa pediatra.

A prestación deste servizo, conta cun orzamento inicial de máis de 19.000 euros para a posta en marcha da actividade.

0.19772911071777