O servizo 'Coidados Porta a Porta' estará no Folgoso do Courel a finais de febreiro
RibeiraSacraXa
O servizo 'Coidados Porta a Porta' estará no Folgoso do Courel a finais de febreiro para dar servizo a persoas maiores de 55 anos
13 Feb 2023
O Concello de Folgoso do Courel acollerá os vindeiros 27 e 28 de febreiro, así como o 1 e 2 de marzo os servizos da Xunta ‘Coidados Porta a Porta’.
Unha unidade móbil desprazarase á localidade para ofrecer servizos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria de xeito gratuíto a maiores de 55 anos.
Os servizos son gratuitos, pero hai que pedir cita previa no número de contacto 622 748 283 ou no correo electrónico: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal