O Sergas inicia o cribado en Monforte e prepara outro en Chantada
O Sergas inicia este venres o cribado masivo en Monforte, no que se prevé a participación dunhas 4.500 persoas de entre 20 e 60 anos.
Os participantes, que foron convocados mediante unha sms nos seus teléfonos móbiles, recollerán o material necesario para a toma de mostras de saliva no espazo habilitado para elo no aparcamento situado entre o campo de fútbol e o pavillón polideportivo da Pinguela, entre as 9.00 e as 19.30 horas, deste venres e sábado. O domingo terán que facer as probas, nada máis levantarse, en xaxún e antes de levar os dentes.
Monforte acollerá esta fin de semana un segundo cribado, neste caso entre alumnos e profesores do IES Río Cabe. Unhas 400 persoas someteranse a probas PCR no pavillón e no ximnasio do centro.
No que atinxe á zona sur da provincia, o Sergas prepara outro cribado maviso, previsiblemente para a semana que vén, en Chantada.