O Saviñao xa ten gañadores dos concursos de Entroido

Así, na categoría de fotografía, resultou gañadora 'Nala e Leire e papás, de pallasos', que obtivo 491 votos na páxina de facebook do Concello.
No apartado de vídeos, resultou vencedor o traballo 'A camareira' que obtivo 987 'gústame'.
E en canto á receita de Entroido, gañou 'As orellas de Entroido da Cani', con 389 votos.
Os gañadores recibirán cadanseu vale de 50 euros para gastar en establecementos do municipio.
SORTEO
O Concello do Saviñao procedeu ademais a sortear, entre todos os participantes nos tres concursos, outros tres vales de 30 euros para mercar tamén no comercio local. Eses vales foron para 'Choiva', 'Tintín e Milú corren unha nova aventura' e 'Granxa'.
