O Saviñao organiza a segunda edición das xornadas micolóxicas
RibeiraSacraXa
O Saviñao celebrará a segunda edición das xornadas micolóxicas que organiza o Concello o vindeiro domingo 14 de novembro.
2 Nov 2021
O Saviñao celebrará a segunda edición das xornadas micolóxicas que organiza o Concello o vindeiro domingo 14 de novembro.
Esta actividade de outono dará comezo cunha saída, ás dez e media dende a Casa do Concello, ao monte para a recollida de cogomelos guiada por un experto que ofrecerá información. Ás doce e media dará comezo un showcooking na ludoteca a cargo de Manuel Bistró sobre o cociñado de diferentes variedades de cogomelos.
A xornada é gratuíta e as prazas, limitadas, con preferencia para os empadroados no Saviñao.
Os interesados poden informarse ou inscribirse na Casa do Concello ata o venres 10 de novembro ou a través do teléfono 982 45 20 61.