O Saviñao entra en alerta alta e Sober e Pantón seguirán en media
O comité clínico de expertos que avalía a situación da covid-19 en Galicia, ven de acordar na última xuntanza que o concello de O Saviñao entre na zona de alerta alta tras detectarse un aumento da incidencia. Do mesmo xeito, Paradela sae da alerta máxima, unha vez superado o gromo, e entra na normalidade.
Tamén foron boas novas para Chantada, que volve quedar fóra da situación de alerta e si continuarán Sober e Pantón no nivel medio pola incidencia acumulada.
A nova situación entrará en vigor ás 0.00 horas do venres 26.
O sistema de alerta está establecido en 4 niveis:
- Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
- Alta. Para incidencia de 250 a 500. O Saviñao
- Media. Para incidencia de 150 a 250. Sober e Pantón.
- Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.
OS DATOS DE HOXE
A covid-19 segue retrocedendo na provincia con 182 casos activos, 6 menos que onte. Na xornada anterior o descenso foi de 5.
De feito, diagnosticaron nas últimas 24 horas 4 casos novos (onte foi 2). Ademais, as altas chegaron ás 11.567, 11 en 24 horas, o día anterior foron 8.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.965 casos rexistrados e 211 persoas falecidas.
A presión hospitalaria volve subir. Mentres a UCI do Hula reduce a 2 persoas ingresadas, unha menos, en planta son 11 os enfermos (2 máis), 8 no hospital de Lugo (1 máis), 1 en Burela e Monforte volve ter ingresos, con 1 caso.
POR COMARCAS
A Mariña
Xornada sen cambios.
- Sen casos novos en 15 días están Trabada, Ourol, O Vicedo, Cervo, Barreiros, Foz, Alfoz, O Valadouro, Mondoñedo e A Pontenova.
- Na última semana tampouco tiveron Lourenzá e Ribadeo.
- Preocupa a situación en Riotorto, que segue por debaixo de dez casos pero cunha incidencia de nivel de alerta media.
Terra Chá
A comarca mantén unha incidencia mínima en Outeiro, Friol e Vilalba. Guitiriz sairá o venres da zona de alerta sen casos nunha semana.
- Guitiriz sae da zona de alertas sen casos novos nos últimos sete días.
- No veciño Concello das Pontes están en 10 casos, 1 menos.
- Sen casos nos últimos quince días están: Pol, Abadín, Cospeito, Muras, A Pastoriza, Rábade e Meira.
- Begonte, Castro de Rei e Xermade están sen casos novos na última semana.
Centro da provincia
A comarca mantén a incidencia á baixa con Antas de Ulla xa sen casos na última semana.
- Lugo rebaixa 2 casos e queda en 31 positivos.
- Limpos de covid nos últimos quince días están: A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Navia, Cervantes, Ribeira de Piquín, Becerreá, As Nogais, Portomarín e Baralla, Baleira e Guntín.
- Sen casos os últimos 7 están Palas e O Corgo. Únese Antas de Ulla.
Comarca de Sarria
A situación segue mellorando na comarca con Paradela cos valores de incidencia normais e sairá da zona de alerta o venres.
- Paradela sairá da zona de alertas o venres con incidencia á baixa.
- Sarria segue con 20 casos.
- Triacastela, O Incio e O Páramo seguen limpos de covid dende fai semanas.
- Samos e Láncara xa levan unha semana sen novos positivos.
Ribeira Sacra
A comarca reúne todos os concellos en alerta da provincia. O Saviñao estará en alerta alta dende o venres e seguirán na media Pantón e Sober mentres Chantada recupera a normalidade.
- Monforte ten hoxe 28 casos, 1 menos.
- O Saviñao entrará o venres na zona de alerta alta tras subir nos últimos días a incidencia.
- Pantón e Sober seguirán en alerta media pola súa incidencia que aumentou. Sober deixa de estar limpo de virus a sete días.
- Sen casos en quince días: Carballedo, Folgoso do Courel e Ribas de Sil.
- Sen casos nos últimos sete días están Bóveda e A Pobra de Brollón.