O Saviñao e Quiroga acollen unha cata de viños

RibeiraSacraXa
Desenvolverase unha cata de iniciación de viños da Ribeira Sacra nos concellos de Quiroga e O Saviñao en novembro.
cata de vinos
10 Out 2021

Desenvolverase unha cata de iniciación de viños da Ribeira Sacra nos concellos de Quiroga e O Saviñao. O obxectivo principal deste curso é proporcionar coñecementos básicos de enoloxía e viticultura aos asistentes, ademais de ensinarlles as habilidades básicas da cata de viños para que saiban distinguir os atributos positivos dos negativos e ter un vocabulario acorde a este tipo de prácticas.

Así, o programa recolle unha parte teórica centrada nas peculiaridades das subzonas da Ribeira Sacra, pasando polas distintas tipoloxías de viño, a súa maduración e mesmo o seu etiquetado. Seguidamente, combinarase unha parte práctico-teórica sobre as distintas fases que compoñen unha cata, centradas nas parte visual, olfativa e gustativa.

Estas accións formativas terán lugar o 10 de novembro no Saviñao e, ao día seguinte, será en Quiroga. En ambos casos celebrarase en xornada de tarde, en horario de 17:30 a 21:30 horas.

Todos os interesados poderán anotarse no curso cubrindo a correspondente solicitude dispoñible na páxina web da Consellería do Medio Rural. Esta deberá remitirse finalmente ao correo electrónico de formacion.agacal@xunta.gal. Tamén poden chamar ao número 881 997 279 para máis información.

A Agacal, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2021, pretende contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector agrícola e forestal tanto a nivel técnico como económico mediante a oferta de cursos coma este.

0.18449687957764