O Saviñao celebrará os seus Cantos de Taberna o 3 de abril

O Concello do Saviñao organiza unha nova edición dos Cantos de Taberna, que se celebrarán o próximo 3 de abril. Nesta ocasión participarán un total de oito bares do municipio: Os Campeliños, A Maruxa, O Noso Lar, Moderno, O Rincón, Círculo Saviñao, Avenida e Unión.
Durante a xornada, os grupos participantes ofrecerán pinchos nos diferentes establecementos e, aoremate das actuacións, terá lugar unha foliada na carpa do Concello.